Esta fin de semana é a túa última oportunidade para conseguir unha das prazas para o TEDxGaliciaque terá lugar na Tecnópole o próximo venres 30 de novembro.
Temos superado con creces o aforo da Tecnópole coas vosas preinscricións. Moitas grazas por seguir a apoiar o movemento polas ideas e facer posible un ano máis o TEDxGalicia.
Na próxima semana procederemos a validar as preinscricións que pechen definitivamente a lista de participantes. Restan menos de dez prazas por asignar, así que non dubides en enviar a túa preinscrición esta fin de semana e ser orixinal na resposta ao formulario de preinscrición 😉
PS.- É previsible que algunha persoa non formalice a súa preinscrición a tempo, así que si estás en lista de agarda, non dubides en te poñer en contacto con nos.