TEDxGaliciaTEDxGalicia
TEDxGalicia
Ideas en movemento
  • TED e os TEDx
  • TEDxGalicia 2017
  • Edicións anteriores
    • TEDxGalicia 2016
    • TEDxGalicia 2015
    • TEDxGalicia 2014
    • TEDxGalicia 2013
    • TEDxGalicia 2012
    • TEDxYouth@Galicia 2012
    • TEDxGalicia 2011
    • TEDxGalicia 2010
  • Xa estiveron…
  • Prensa
Menu back  

TEDxGalicia propón unha alternativa de transporte solidaria e eco-responsable para que as e os participantes poidades viaxar xuntos ate Potevedra o próximo 13 de decembro compartindo gastos e facendo unha importante contribución ao medio.

Podes facelo a través de plataformas como Blablacar ou Amovens.

Ademais de manter un planeta máis limpo, dende TEDxGalicia nos quedamos coa oportunidade que supón para compartir ideas pero por se queres máis razons, veaí van algunhas outras.

Por que compartir coche?

1. Aforro. A maioría de usuarios achéganse ao carpooling atraídos polas súas vantaxes económicas. Segundo Comuto se se comparte unha viaxe habitual de casa ao traballo (uns 20 kms por día), cada usuario pode aforrar uns 1500€ ao ano. E por unha viaxe única entre Madrid e Barcelona, o condutor economiza 90€.

2. Sustentabilidade. En España o 80% das viaxes realízanse en auto privado e catro de cada cinco vehículos son ocupados tan só polo condutor. Cada coche que se comparte aforra entre 182 e 223gr de CO2. Non fai falta ser Pitágoras para concluír que a contaminación se rebaixa compartindo o vehículo.

3. Seguridade Viaria. Un estudo da aseguradora MAIF reflicte que un condutor que leva a alguén consigo é máis tranquilo e menos agresivo que uno que non comparte o vehículo. Viaxar acompañado provoca unha condución máis responsable e por tanto unha redución de accidentes.

4. Facilidade. Compartir coche é sinxelo grazas a varios sitios web de contactos entre condutores e pasaxeiros.

5. Confianza. Grazas ao rexistro en liña, podes saber con anterioridade con quen compartes traxecto e informarte sobre a súa reputación online (se é un usuario rexistrado existirán opinións sobre o seu comportamento anterior). Compartir coche é como o autostop de toda a vida pero controlado por mediadores.

6. Gratis. Os sitios web son gratuítos, non cobran ningunha comisión. O condutor recibe diñeiro polo importe dos custos pero non consegue ningún beneficio económico.

7. Saúde. Podes permitir que outros conduzan o teu vehículo ou facelo ti durante todo o traxecto. Pero en calquera caso, compartir o coche reduce a tensión e permite chegar máis descansados, polo menos aos pasaxeiros.

Compartir:

  • Twitter
  • Facebook
  • LinkedIn
  • Google
  • Correo-e
  • Imprimir
Leave Comment

Cancelar a resposta

Your email address will not be published. Required fields are marked *

You may use these HTML tags and attributes: <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <s> <strike> <strong>

clear formSubmit

Últimas noticias
  • Acompáñanos a poñer as últimas pezas
    16 Febreiro, 2017
  • TEDxGaliciaU
    12 Outubro, 2015
  • Que é TED?
    15 Decembro, 2014
  • Speaker: Iván Gómez Caderno
    11 Febreiro, 2014
  • Speaker: Ana Corredoira
    10 Xaneiro, 2014
  • Faino ti: doa entradas
    4 Xaneiro, 2014
  • Autocrítica compartida
    18 Decembro, 2013
  • TEDxYouth@Galicia
    29 Agosto, 2012
  • Intervencións TEDxGalicia 2017
    3 Novembro, 2017
  • Convida a alguén que non pode mercar a entrada
    10 Outubro, 2017
Acerca dos TEDx

Co ánimo de difundir as ideas que merecen ser coñecidas TED creou o programa TEDx. TEDx é un programa de conferencias locais e organizadas de forma independente que permiten gozar dunha experiencia similar ás conferencias TED. As Conferencias TED provén aos programas TEDx das directrices xerais para organizar os devanditos eventos pero estes, incluído o noso, son organizados de forma independente. O noso evento denomínase TEDxGalicia, significando a x=evento TED organizado localmente. TEDxGalicia combinará o visionado de vídeos de TEDTalks así como relatorios en vivo para favorecer a conexión e un debate profundo dentro dun grupo limitado de asistentes. TEDxGalicia é organizado baixo licenza de TED.

Os TEDxGalicia en Imaxes
Informacion

Para calquera cuestión relacionadas coa difusión, organización e xestión do evento non dubides en nos contactar por email.

Non dubides en nos facer chegar as túas suxestións e feedback

Submitclear

TEDxGalicia
TEDxGalicia é organizado de forma independente baixo licenza de TED.
loading Cancelar
A entrada non se enviou - comproba os teus enderezos de correo electrónico!
Fallou a verificación do correo-e, téntao outra vez.
Sentímolo, o teu blog non pode compartir artigos por correo electrónico.