
Na nosa ansia de levar o evento por concellos pequenos de Galicia, estivemos a valorar opcións ate onte mesmo localizacións que se nos antoxaban complexas pero atractivas ao levarmos unha actividade como esta por lugares alonxados dos circuitos. O feito de non conseguirmos dispor dun espazo que atenda ás nosas necesidades obrigados a retomar outros plans que son de maior envergadura e que polo tanto precisan dunha maior carga de traballo que non somos quen de acometer con garantías cara ao 12 de decembro.
A licenza que TED nos ten outorgado é por un ano natural así que no mes de xaneiro estamos a tempo de cumprir con esta edición. Nos próximos días confirmaremos data e localización para ir quecendo motores 😉