TEDxGaliciaTEDxGalicia
TEDxGalicia
Ideas en movemento
  • TED e os TEDx
  • TEDxGalicia 2017
  • Edicións anteriores
    • TEDxGalicia 2016
    • TEDxGalicia 2015
    • TEDxGalicia 2014
    • TEDxGalicia 2013
    • TEDxGalicia 2012
    • TEDxYouth@Galicia 2012
    • TEDxGalicia 2011
    • TEDxGalicia 2010
  • Xa estiveron…
  • Prensa
Menu back  

Temos deseñado unha serie de actividades matinais desde as 1030h para ir collendo ritmo desfrutando da programación prevista pero especialmente para que teñas oportunidade de coñecer e compartir coas xentes que verdadeiramente fan o TEDxGalicia nun ambiente distendido.

Estas actividades matinais son de acceso libre e de balde no marco do apoio que o Centro de Emprendemento de Galicia da Cidade da Cultura e consisten en:

1030h – Apertura de check-in e espazo expositivo.

Se assistes ao TEDxGalicia que terá lugar no Museo Gaiás a partir das 1600h xa sabes que desde as 1030h poderás retirar as túas entradas.

Na Sala Eisenman teremos habilitado un espazo expositivo no que poderás ver algunhas das opcións de creatividade que teñen lugar no Centro de Emprendemento.

Ate ás 1230h poderás servirte café, infusións e teremos algo para picar para facilitar que xurdan as conversas 😉

1100h – TEDxGaliciaU (1)

Na mesma Sala Eisenman, ás 1100h teremos a primeira sesión do TEDxGaliciaU. Unha serie de charlas de duración en torno aos 10m seleccionadas de entre aqueles que se propuxeron a través da web.

Coordinado por Javier Cebreiros (TEDxGalicia 2012) e cun formato asemellable ao TEDxGalicia, esta actividade é promovida polo Centro de Emprendemento e, nesta primeira sesión contará coas intervencións de:

  • Toño Escudero. Trasmitir motivación aos demáis, a creatividad no desenvolvemento de proyectos e a cercanía coas persoas definen a súa maneira de traballar.
  • Francisco Lorenzo e Alfonso J. Rúa. Francisco representa o hemisferio dereito, e Alfonso, hemisferio esquerdo de Inteligencia Divergente. O primero, superdotado; o segundo, normal. E os dous daltónicos.
  • Andrea Comesaña. Adicta ás viaxes, fan da tecnoloxía educativa, mestra e aprendiz.
  • Concha Diéguez. Licenciada en Filoloxía e experta en Comunicación. Desde hai máis dunha década traballo para mellorar aspectos da comunicación oral e escrita, con persoal de entidades públicas e privadas.
  • Javier Gil. Defínese como un incansable explorador do mundo interno e alguén que cree no inmenso potencial que as persoas atesouran.

1200h – Intermedio

  • Inauguración da microgalería de 7H Cooperativa MicroBios. Esta minúscula galería pretende devolver o valor artístico ao contido, xogando coa redución do continente e achegando deste xeito a arte contemporánea á sociedade desde unha perspectiva distinta e pouco convencional, totalmente alonxada da crenza de que as galerías son institucións elitistas que están abertas só a uns poucos privilexiados.
  • Visita guiada á Cidade da Cultura. Coñece o complexo Gaiás para coñecer máis de preto os segredos deste proxecto arquitectónico único e singular | Require inscrición | Prazas limitadas con preferencia a asistentes do TEDxGalicia | Esta actividade realizarase se contamos cun grupo mínimo de participantes.
  • Cata sensorial. GulaGalega Gourmet, organiza unha cata conxunta de queixo e viño albariño para ir espertando as percepcións a través doutros sentidos | Require inscrición | Prazas limitadas con preferencia a asistentes do TEDxGalicia | Realizarase se contamos cun grupo mínimo de participantes.
  • Exposición. Neste intervalo de tempo continuarán expostas as creatividades na mesma Sala Eisenman.

1230h – TEDxGaliciaU (2)

Segunda sesión do TEDxGaliciaU coas intervencións de:

  • Xosé Luis Reza. Presidente de Markea e do Cluster da Comunicación Gráfica de Galicia. Socio Consultor Iuni consulting.
  • Victor Grande. Cómico, informático e zurdo. É dicir: un pringao, un antisocial e un antisistema.
  • Hugo García. Foi paracaidista sen se percatar e agora escalador por necesidade.
  • José Rodríguez. Físico apaixoado das Smart Home e as relacións personáis. Motivado por participar en novos proxectos relacionados coa IoT e a enerxía.
  • Teresa Egerique. Nai e Doutora en Periodismo,Teresa estudia e trabaja polo bo uso das redes sociais e por unha comunicación útil e de calidade.

1330h – Sesión Vermut

Introdución por Lucía Santiago contando os resultados tras o reto que supuxo a súa intervención no TEDxGalicia 2014. Dará paso ao concerto do grupo musical De Vacas.

Se queres ter unha impresión do que é o TEDxGalicia a mañá do sábado te dará un ambiente informal para coñecer o que se move ao redor deste evento. Achégate e deixa que te sorprendamos!!

Compartir:

  • Twitter
  • Facebook
  • LinkedIn
  • Google
  • Correo-e
  • Imprimir
2 Comments
  1. Pingback: Nos vemos en TEDxGaliciaU | Hugo García Fernán
  2. Pingback: Superdotados en el TEDxGalicia 2015 | Inteligencia divergente

Comments are closed.

Últimas noticias
  • Acompáñanos a poñer as últimas pezas
    16 Febreiro, 2017
  • TEDxGaliciaU
    12 Outubro, 2015
  • Que é TED?
    15 Decembro, 2014
  • Speaker: Iván Gómez Caderno
    11 Febreiro, 2014
  • Speaker: Ana Corredoira
    10 Xaneiro, 2014
  • Faino ti: doa entradas
    4 Xaneiro, 2014
  • Autocrítica compartida
    18 Decembro, 2013
  • TEDxYouth@Galicia
    29 Agosto, 2012
  • Intervencións TEDxGalicia 2017
    3 Novembro, 2017
  • Convida a alguén que non pode mercar a entrada
    10 Outubro, 2017
Acerca dos TEDx

Co ánimo de difundir as ideas que merecen ser coñecidas TED creou o programa TEDx. TEDx é un programa de conferencias locais e organizadas de forma independente que permiten gozar dunha experiencia similar ás conferencias TED. As Conferencias TED provén aos programas TEDx das directrices xerais para organizar os devanditos eventos pero estes, incluído o noso, son organizados de forma independente. O noso evento denomínase TEDxGalicia, significando a x=evento TED organizado localmente. TEDxGalicia combinará o visionado de vídeos de TEDTalks así como relatorios en vivo para favorecer a conexión e un debate profundo dentro dun grupo limitado de asistentes. TEDxGalicia é organizado baixo licenza de TED.

Os TEDxGalicia en Imaxes
Informacion

Para calquera cuestión relacionadas coa difusión, organización e xestión do evento non dubides en nos contactar por email.

Non dubides en nos facer chegar as túas suxestións e feedback

Submitclear

TEDxGalicia
TEDxGalicia é organizado de forma independente baixo licenza de TED.
loading Cancelar
A entrada non se enviou - comproba os teus enderezos de correo electrónico!
Fallou a verificación do correo-e, téntao outra vez.
Sentímolo, o teu blog non pode compartir artigos por correo electrónico.