TEDxGaliciaTEDxGalicia
TEDxGalicia
Ideas en movemento
  • TED e os TEDx
  • TEDxGalicia 2017
  • Edicións anteriores
    • TEDxGalicia 2016
    • TEDxGalicia 2015
    • TEDxGalicia 2014
    • TEDxGalicia 2013
    • TEDxGalicia 2012
    • TEDxYouth@Galicia 2012
    • TEDxGalicia 2011
    • TEDxGalicia 2010
  • Xa estiveron…
  • Prensa
Menu back  

Este ano comezaremos cedo a vos propoñer opcións de implicación para o TEDxGalicia 2016, pero antes queremos compartir unhas xeneralidades como por exemplo o tema esta edición que será: De que está feito o futuro?

Agardamos poder presentar intervencións que nos permitan repensar as nosas ideas de como se chega ao futuro e a responsabilidade que temos no presente dese mesmo futuro así como os impactos do pasado. Trataremos de chegar aos elementos fundamentais que desde o pasado e hoxe mesmo, están xa a configurar ese tempo que está por vir… e todo isto coa nosa inquedanza básica non resolta: estamos seguros de que existe o futuro?

Levamos tempo a traballar en cal pode ser a experimentación do 2016 e entre outras cousas veremos que podemos facer co feito de que esta sexa a primeira edición que afrontamos o TEDxGalicia en verán. Certo é que o verán galego é coma nos mesmos e polo tanto non está nada claro que tempo vai haber na data do evento, pero tentaremos sacar o evento do interior dunha sala.

Faremos un importante esforzo porque os contidos e as ideas estén superen ás formas de presentalas e, sobre todo que teñamos múltiples perspectivas de persoas das que probablemente non escoltamos falar. Para iso é importante sempre contar con axuda e como mostra da implicación que manteñen co TEDxGalicia as persoas que pasaron pola “pastilla vermella”, nesta edición teremos dúas aportacións de contidos especiais xestionadas por sendas persoas que tiveron no seu día unha actuación destacable na súa edición.

Buscaremos tamén como facer o máis entretido posible todo o día do evento e, para facilitar que o contacto non se produza de ano en ano teremos diversas actividades nos meses previos das que xa vos iremos informando.

Tamén estudamos as vosas valoracións de anos pasados e sabemos que temos moito por facer, pero, xa sabes, se pensas que podes aportar algo ao evento para facer que mellore, non dubides en escribir a 2016@tedxgalicia.com. Nos seguiremos a facer o que poidamos 😉

Compartir:

  • Twitter
  • Facebook
  • LinkedIn
  • Google
  • Correo-e
  • Imprimir
Últimas noticias
  • Acompáñanos a poñer as últimas pezas
    16 Febreiro, 2017
  • TEDxGaliciaU
    12 Outubro, 2015
  • Que é TED?
    15 Decembro, 2014
  • Speaker: Iván Gómez Caderno
    11 Febreiro, 2014
  • Speaker: Ana Corredoira
    10 Xaneiro, 2014
  • Faino ti: doa entradas
    4 Xaneiro, 2014
  • Autocrítica compartida
    18 Decembro, 2013
  • TEDxYouth@Galicia
    29 Agosto, 2012
  • Intervencións TEDxGalicia 2017
    3 Novembro, 2017
  • Convida a alguén que non pode mercar a entrada
    10 Outubro, 2017
Acerca dos TEDx

Co ánimo de difundir as ideas que merecen ser coñecidas TED creou o programa TEDx. TEDx é un programa de conferencias locais e organizadas de forma independente que permiten gozar dunha experiencia similar ás conferencias TED. As Conferencias TED provén aos programas TEDx das directrices xerais para organizar os devanditos eventos pero estes, incluído o noso, son organizados de forma independente. O noso evento denomínase TEDxGalicia, significando a x=evento TED organizado localmente. TEDxGalicia combinará o visionado de vídeos de TEDTalks así como relatorios en vivo para favorecer a conexión e un debate profundo dentro dun grupo limitado de asistentes. TEDxGalicia é organizado baixo licenza de TED.

Os TEDxGalicia en Imaxes
Informacion

Para calquera cuestión relacionadas coa difusión, organización e xestión do evento non dubides en nos contactar por email.

Non dubides en nos facer chegar as túas suxestións e feedback

Submitclear

TEDxGalicia
TEDxGalicia é organizado de forma independente baixo licenza de TED.
loading Cancelar
A entrada non se enviou - comproba os teus enderezos de correo electrónico!
Fallou a verificación do correo-e, téntao outra vez.
Sentímolo, o teu blog non pode compartir artigos por correo electrónico.