Levamos algún tempo de reflexión interna desde que completamos o aforo desta edición do TEDxGalicia para atopar cal era a nosa verdadera motivación á hora de publicar esta noticia. Pensábamos que en realidade xa non o é tal porque se repite cada ano e que se cadra o facíamos simplemente por nós.
O caso é que finalmente chegamos á conclusión de que era importante contalo para recoñecer e agradecer a este movemento colectivo que a través dunha especie de “finanzamento colaborativo espontáneo” fai posible o TEDxGalicia.
Ademáis tamén queda como aviso para quen queira asistir en vindeiras edicións que non é broma o de mercar por anticipado… 😉