TEDxGaliciaTEDxGalicia
TEDxGalicia
Ideas en movemento
  • TED e os TEDx
  • TEDxGalicia 2017
  • Edicións anteriores
    • TEDxGalicia 2016
    • TEDxGalicia 2015
    • TEDxGalicia 2014
    • TEDxGalicia 2013
    • TEDxGalicia 2012
    • TEDxYouth@Galicia 2012
    • TEDxGalicia 2011
    • TEDxGalicia 2010
  • Xa estiveron…
  • Prensa
Menu back  

Pois non queda máis que dar as grazas un ano máis a todas e todos os que facedes posible que o movemento TEDx continúe en Galicia.

Sodes vos quen o fai posible pero me gustaría dedicar unhas liñas a quen o fai realidade comezando especialmente por Lorena Rodríguez na produción acompañada do seu futuro fillo Leo que aguantaron incansables o tirón de todas estas horas de traballo e sobre todo os vaivéns de meses previos, algo que non lle gusta nada a Produción.

A Vicente Mohedano que sempre está para nos espabiliar cando o ritmo comeza a baixar.

Ao equipo de voluntariado (incluso aos que non puidéchedes vir: Alba, Amara, Ana, Andrea, Aura, Borja, Carmen, Carlos, Clara, Cándido, Carolina, Daniel, David, Diana, Eliana, Elisangela, Elio, Euri, Estefanía, Gisele, Joao, Jorge Karina, Léopoldine, Manuel, Mariana, Marta, Maruxa, Miguel, Mirian, Miguel, Nel, Marta, Rafael, Rosa, Rubén, Samuel, Sara, Sila, Susana, Suso, Tania, Yago, Yanina, Yuridia) e a Lucía Santiago, (TEDxGalicia 2014) que se empeña en asumir responsabilidades e o ano próximo coordinará todo o que ten que ver con esta fundamental parte do equipo.

A Xaime Garaboa que se encarga da intendencia de última hora e fai máis km no TEDxGalicia que en calquera outro día do ano.

A Javier Varela que non permitiu que unha simple febre o deixase sen o TEDxGalicia, grazas a el e Ana Fernández, a recollida cada ano faise moito máis levadeira.

Aos relatores e intervencións desta edición pero como estes xa tiveron o seu momento, gustaríame aproveitar este momento para recoñecer aos antigos relatores que se convirten cada ano en voluntarios e son unha constante de apoio: Manuel Borobio (TEDxGalicia 2011), Javier Cebreiros (TEDxGalicia 2012), Gonzalo Garre (TEDxGalicia 2013) e Pedro Gimenez (TEDxGalicia 2014) e nesta edición ás seleccións feitas por Manolo Gago (TEDxGalicia 2011), Xose Manuel Dopazo (TEDxGalicia 2013) e Iñaki Quenerapu (TEDxGalicia 2014).

A Froq na parte técnica e de loxística porque a súa actitude cando lles pedimos cousas que non sabemos facer e que eles asumen aínda que non sexa a súa tarefa.

A Aleuto que fai posible que compartamos as intervencións grazas á súa filmación e realización.

A Xaime Cortizo que recolle instantáneas que quedan para sempre na retina da súa cámara.

Aínda que poderíamos meter no saco a todo o persoal da Cidade da Cultura a quen lle rompemos moito a cabeza, quero centrarme en Berta, Celia e Xulio que son os quen máis nos sufren.

Grazas tamén ao apoio imprescindible da Fundación Galicia Sustentable e da Cidade da Cultura a través do seu Centro de Emprendemento.

A cabeza non para e xa estamos a voltas novas ideas para facelo mellor no 2017. Para calquera proposta estamos en info@tedxgalicia.com.

Compartir:

  • Twitter
  • Facebook
  • LinkedIn
  • Google
  • Correo-e
  • Imprimir
Últimas noticias
  • Intervencións TEDxGalicia 2017
    3 Novembro, 2017
  • Convida a alguén que non pode mercar a entrada
    10 Outubro, 2017
Acerca dos TEDx

Co ánimo de difundir as ideas que merecen ser coñecidas TED creou o programa TEDx. TEDx é un programa de conferencias locais e organizadas de forma independente que permiten gozar dunha experiencia similar ás conferencias TED. As Conferencias TED provén aos programas TEDx das directrices xerais para organizar os devanditos eventos pero estes, incluído o noso, son organizados de forma independente. O noso evento denomínase TEDxGalicia, significando a x=evento TED organizado localmente. TEDxGalicia combinará o visionado de vídeos de TEDTalks así como relatorios en vivo para favorecer a conexión e un debate profundo dentro dun grupo limitado de asistentes. TEDxGalicia é organizado baixo licenza de TED.

Os TEDxGalicia en Imaxes
Informacion

Para calquera cuestión relacionadas coa difusión, organización e xestión do evento non dubides en nos contactar por email.

Non dubides en nos facer chegar as túas suxestións e feedback

Submitclear

TEDxGalicia
TEDxGalicia é organizado de forma independente baixo licenza de TED.
loading Cancelar
A entrada non se enviou - comproba os teus enderezos de correo electrónico!
Fallou a verificación do correo-e, téntao outra vez.
Sentímolo, o teu blog non pode compartir artigos por correo electrónico.