Non só para xornalistas, a nivel usuarios da información é fundamental contrastar as fontes e a veracidade do compartido. A través de exemplos de sona, na súa intervención Marcus nos invita a contrastar todo o que chega até nos para que non alimentemos as falsedades na inmensidade da rede.
Con formación en Informática, desenvolve a súa actividade profesional no mundo da Internet, participando en iniciativas pioneiras na Rede galega, así como no asociacionismo (ISOC-GAL, EGANET e a Asociación PuntoGal), o que o levou a contribuír á posta en marcha do dominio de Internet para a sociedade galega (o .gal). Exerce funcións de administración e redacción da web de Código Cero (diario de novas tecnolóxicas de Galicia, con edición mensual en papel) dende 2001. Complementa a súa actividade profesional cun blog persoal (Marcus.gal) e distintas colaboración en medios galegos (Tempos Novos, ElCorreoGallego.es, RadioVoz, Radio Coruña-Cadena SER, Radio Galega e Televisión de Galicia).
This talk was given at a TEDx event using the TED conference format but independently organized by a local community. Learn more at http://ted.com/tedx