O TEDxYouth@Galicia en imaxes
O pasado xoves 29, o día antes do TEDxGalicia, tivo lugar a primeira edición do TEDxYouth@Galicia. Parabéns e grazas a David, Carlos e Nata e a todas e todos os mozos e mozas participantes das Aulas Tecnópole. [AFG_gallery id=’1′] E moitas grazas ás e aos nosos primeiros Youth Speakers: Alba, Jorge, Miguel, Queila, Sandra, Samuel…
Bo traballo! Grazas a todas e todos por facelo posible
Grazas novamente a todas e todos os que facedes posible este evento. Se adicades un segundiño para ler ate o final tomaredes unha impresión de canta xente inviste tempo e recursos para que o TEDxGalicia sexa un evento atractivo ao que pague a pena asistir. Partners Colaboradores eContact, Imaxenium, Modera Media Aportacións La Torta, Augas de…
Apenas unha semana!!!
Xa estamos todas e todos a bordo. Nesta semana recibiredes detalles personalizados do evento.
Reserva a túa praza para o TEDxYouth@Galicia o 29 de Novembro @tecnopole
O vindeiro 29 de novembro, un día antes do TEDxGalicia, terá lugar a primeira edición do TEDxYouth@Galicia. Despois dun programa de acompañamento nas bases da divulgación de coñecemento, buscamos crear un espazo para que as mozas e mozos presenten as súas propias charlas en formato TED e TEDx. Contaremos con un par de charlas que poidan…
Solicita a túa praza para o TEDxYouth@Galicia o 29NOV
Apetécete acompañar a estas e estes valentes pioneiros do TEDxYouth@Galicia?
Contamos cun número de prazas moi limitado pero non o dubides, se te podes achegar á Tecnópole o próximo 29 de novembro pola tarde, escríbenos un email a youth@tedxgalicia.com e na próxima semana te confirmaremos a dispoñibilidade de praza que serán outorgadas por rigorosa orde de solicitude.
Blusens, tamén é TEDxGalicia
Blusens Global Corporation é unha multinacional que xurde da empresa de Blusens, empresa fundada en Santiago de Compostela no 2002, e especializada en electrónica de consumo de última xeración. Blusens conta cunha ampla gama de produtos orientados ao ocio multimedia e como empresa caracterizouse desde os seus inicios por unha aposta firme pola comunicación de marca como pilar da…
Pechamos o proceso de preinscrición tras a fin de semana
Esta fin de semana é a túa última oportunidade para conseguir unha das prazas para o TEDxGaliciaque terá lugar na Tecnópole o próximo venres 30 de novembro. Temos superado con creces o aforo da Tecnópole coas vosas preinscricións. Moitas grazas por seguir a apoiar o movemento polas ideas e facer posible un ano máis o…
Reunión preparatoria de speakers
O vindeiro sábado 27 de outubro, a case que un mes do TEDxGalicia teremos unha reunión/xuntanza cos e coas protagonistas desta edición 2012. Nos xuntaremos en Santiago de Compostela para ter un encontro no que repasar as expectativas que se xerneran ao redor deste evento e da súa esixente audiencia. Traballaremos sobre os temas da…
SIGNO, tamén é TEDxGalicia
SIGNO, Ingeniería del Territorio leva anos a traballar na ordenación e posta en valor dos elementos estratéxicos do territorio e o TEDxGaliciarepresenta o esforzo pola posta en valor dun recurso que non teñen inventariado: as ideas. SIGNO conta cunha dilatada experiencia na realización de proxectos relacionados co territorio, a sustentabilidade, a información xeográfica e as novas…
Un ano máis, Gradiant tamén é TEDxGalicia
Gradiant, Centro Tecnolóxico de Telecomunicacións de Galicia, atópase novamente co TEDxGalicia no camiño por establecer espazos de referencia para a posta en valor das ideas. O nacemento de Gradiant xestouse en 2003, cando unha serie de grupos de investigación da Escola de Enxeñeiros de Telecomunicacións da Universidade de Vigo, cunha dilatada traxectoria colaborativa coa industria, expuxeron redefinir,…
TEDxCity2.0 en Galicia
Este ano, por primeira vez na súa historia o TED Prize non foi outorgado a un individuo senon a unha idea da que depende o futuro do noso planeta: a Cidade 2.0. Por unha vez e durante un único día, a plataforma TEDx impulsará a capacidade dunha comunidade global animando a organizar un evento TEDx baixo o…