Comezamos as presentacións

Xa temos comezado a desvelar o panel de speakers que nos acompañará na próxima edición do TEDxGalicia, na Tecnópole o vindeiro 30 de novembro. Iremos presentando a dúas persoas cada día, en principio sen orde algunha e, algo máis adiante, en canto acabemos de traballar no fluxo de ideas, emocións e pensamentos compartidos, enviaremos o programa,…

Dende onde se inscribe a xente ao TEDxGalicia?

Cidades de orixe das e dos preinscricións para o TEDxGalicia 2012 a unha semana de rematar a preinscrición anticipada.

Acerca da nosa sede para o 2012

Este ano do 20 aniversario do Parque Tecnolóxico de Galicia, o TEDxGalicia celebrarase nas instalacións de Tecnópole. Non o podes perder (aberto prazo de preinscrición). Tecnópole ou Parque Tecnolóxico de Galicia é un recinto de 550.000 metros cadrados con servizos avanzados para empresas de base tecnolóxica e elevado perfil innovador. Trátase dun contorno de excelencia…

O TEDxGalicia abre a próxima semana o período de preinscricións para a súa edición 2012, que terá lugar en novembro na Tecnópole

O evento TEDxGalicia 2012 terá lugar o 30 de novembro no Parque Tecnolóxico de Galicia–Tecnópole (Ourense), que se converte en anfitrión deste impactante formato movido pola vontade de compartir coñecemento e inspiración con motivo do seu 20 aniversario. O período de preinscricións comezará o 18 de xuño, coa expectativa de cubrir as 150 prazas dispoñibles en…